“Lourenzá en Xogo” chega coa súa X edición

O torneo, referente nas datas de Semana Santa, reunirá na localidade lucense a equipos femininos chegados de Galicia, País Vasco, Comunidade Valenciana e La Rioja.

As Escolas Deportivas Lourenzá regresan estas vacacións de Semana Santa co seu Trofeo “Lourenzá en Xogo”, evento que cumpre a súa décima edición e que, como cada ano, supón toda unha festa para o baloncesto feminino.

Entre o 28 e o 30 de marzo, reuniranse no Concello de Lourenzá un total de 17 equipos repartidos en categoría cadete (dous grupos), júnior (grupo único) e sénior (dous grupos), para competir e desfrutar do deporte no Pavillón Municipal desta vila lucense.

Cun calendario xa pechado, o cal se pode consultar aquí, e coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, entre outras institucións, a décima convocatoria de “Lourenzá en Xogo”, que dará comezo ás 10.00 h do xoves 28, promete ser todo un luxo.

“X Lourenzá en Xogo” – Calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram