A FEB designa a Logroño como sede da Fase de Ascenso a LF

A FEB comunicou esta mesma mañá a decisión da sede para esta cita, unha competición para a que Durán Maquinaria Ensino optaba tamén a ser organizador. Dende aquí, e unha vez coñecido o ditame da FEB, trasladar ao equipo lucense o agradecemento da Federación Galega de Baloncesto pola súa ilusión ante este reto e polo excelente proxecto organizativo presentado.

Os oito mellores equipos da Liga Regular de LF2, entre os que xa se atopan Durán Maquinaria Ensino e Universitario Ferrol, disputarán pois a Fase de Ascenso a Liga Feminina en Logroño do 24 ao 27 de abril.

(info FEB) Logo de revisar os informes e expedientes de candidatura presentados polos clubs solicitantes, a FEB decidiu outorgar a organización da Fase de Ascenso a Liga Feminina ao Club Deportivo Promete, en colaboración coa Federación Riojana de Baloncesto. 

Os oito mellores equipos de LF2 xogarán, polo tanto, do 24 ao 27 de abril en Logroño as prazas de ascenso a Liga Feminina. Logroño recolle o destino de Cáceres, Huelva e Zamora, as últimas cidades que acolleron este torneo.

A falla de tres xornadas para o final da Liga Regular, no Grupo A están xa clasificados matematicamente dous representantes galegos, Durán Maquinaria Ensino e Universitario Ferrol, xunto a Al-Qázeres Extremadura, mentres que no Grupo B xa teñen o pase os catro mellores equipos da tempada: Gernika Bizkaia, Fundal Alcobendas, Campus Promete e CREF ¡Hola!.

O sistema de competición será o mesmo que nas últimas tempadas. Dous grupos de catros equipos que xogarán en formato liguilla. Os dous primeiros de cada grupo enfrontaranse nas dúas finais en forma de aspa (2º contra 1º e 1º contra 2º) para determinar a clasificación final. As cámaras de FEBtv estarán presentes no torneo e achegarán aos afeccionados o espectáculo da LF2.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram