Listas definitivas para as Seleccións Galegas Cadete e Infantil 2016 – 2017

Confirmadas as Seleccións Galegas definitivas que representarán a Galicia no Campionato de España Infantil e Cadete, cita a celebrar en Huelva entre os vindeiros días dous e sete de xaneiro de 2017.

O Baloncesto Galego competirá nesta cita nacional da man de catro equipos liderados por Nacho Silva (Infantil Masculino – Grupo Especial), Ricalrdo Aldrey (Infantil Masculino – Grupo Especial), Víctor Fernández (Cadete feminino – Grupo Especial) e Miguel Maseda (Cadete Masculino – Grupo Preferente) e cuxa composición definitiva pode consultarse nas listas que se achegan. 

Os catro técnicos configuraron os seus respectivos equipos oficiais para viaxar á provincia onubense e afrontar o Campionato de España baixo un calendario que se coñecerá en vindeiras datas. Pero, ata a chegada do Nacional, os combinados autonómicos rendabilizarán a recta final da súa preparación baixo o seguinte plan de concentracións:

Selección Galega Cadete Feminina 2016 – 2017

22 – 23/12/16: Oleiros (Pavillón INEF)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Cadete Femenina – Maristas Coruña 1º Nacional Feminina (23/12/16 – 18.00 h. Pavillón Colexio Maristas)

27 – 28/12/16: Boiro (Pavillón A Cachada)

Selección Galega Cadete Masculina 2016 – 2017

22 – 23/12/16: Lugo (Pavillón Anexo 2)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Cadete – Baloncesto Cidade de Lugo Júnior (23/12/16 – 16.30 h. Pavillón Anexo 2)

27 – 28/12/16: A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

Selección Galega Infanil Feminina 2016 – 2017

22 – 23/12/16: Oleiros (Pavillón INEF)
Partidos amigables a desputar:
Galicia infantil – Maristas Cadete (23/12/16 – 16.00 h. Pavillón Colexio Maristas)

27 – 28/12/16: Boiro (Pavillón A Cachada)

Selección Galega Infanil Masculina 2016 – 2017

22 – 23/12/16: concentración en Lugo (Pavillón Anexo 2)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Infantil – Estudiantes de Lugo Cadete (23/12/16 – 18.30 h. Pavillón Anexo 2) 

27 – 28/12/16: A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

Galicia Cadete Masculina 2016 – 2017
Galicia Infantil Masculina 2016 – 2017
Galicia Infantil Feminina 2016 – 2017
Galicia Cadete Feminina 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram