Listas definitivas para as Seleccións Galegas Minibasket

Concluída a experiencia do Torneo “Concello de Marín” de Seleccións Autonómicas, a Área Deportiva FGB dá a coñecer as Seleccións Galegas Minibasket definitivas que competirán en San Fernado (Cádiz), entre o 4 e 8 de abril; no agardado Campionato de España.

As indicadas listas oficiais, que poden consultarse nos documentos que achegamos, constitúense tras unha ampla etapa de preparación que puido realizarse gracias ao esforzo e participación de todos os adestradores, xogadores e xogadoras que teñen formado parte da mesma, así como dos seus familiares e, por suposto, clubs de orixe. A todos eles, o noso recoñecemento. 

O futuro máis inmediato

Ambos os combinados galegos xa definitivos teñen agora por diante un mes de marzo no que afrontarán dúas xornadas de adestramentos (8 e 29 de marzo) e a posibilidade de desputar outro torneo amigable fóra da nosa Comunidade (21 e 22 de marzo).

Galicia Minibasket Masculina 2020
Galicia Minibasket Feminina 2020

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram