Leyma Natura convértese en novo patrocinador da Federación Galega de Baloncesto. A marca lÔctea galega comprométese co Baloncesto Federado Autonómico para trasladarlle ao mesmo os seus valores e compromiso co esforzo e o traballo.
Federación Galega de Baloncesto e Leyma Natura unen os seus camiños mediante a sinatura dun convenio que se estenderÔ durante a vixente temporada 2021 -2022.
Aposta polo Deporte Feminino
Dentro deste acordo de colaboración o apoio de Leyma Natura radicarĆ” especialmente no Baloncesto Feminino en categorĆas de formación, dando o seu nome Ć” Liga de Primeira División Infantil Feminina, composta por un total de 16 equipos de toda Galicia.
Leyma Natura trasladarÔ asà as xogadoras galegas mÔis novas o seu alento e a súa paixón polo Baloncesto, a cal xa ven amosando dende diferentes accións e perspectivas durante estes anos.