Leyma Natura e FGB reafirman a súa colaboración

Leyma Natura e Federación Galega de Baloncesto fortalecen a súa unión no marco da promoción e apoio ao Baloncesto Galego. A marca láctea galega e a entidade federativa compartiron na tarde do mércores, 10 de febreiro; unha reunión na que continuar a traballar en accións conxuntas que trasladen ao noso deporte os valores de compromiso, esforzo e traballo que Leyma representa.

Nesta liña, Carmen Lence, CEO de Grupo Río; e o Presidente FGB, Francisco Martín; plasmaron a súa rúbrica nun acordo entre ambas as entidades con extensión para esta temporada 2021 – 2022.

baloncesto leche leyma fegaba

Aposta polo Deporte Feminino
O apoio de Leyma Natura ao Baloncesto Galego estará vencellado especialmente ao Baloncesto Feminino en categorías de formación. Leyma, que xa da nome dende o inicio desta temporada á Liga FGB de Primeira División Infantil Feminina, continuará apostando por ir da man dos valores formativos do noso deporte.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram