Laura Piñeiro, designada para a Supercopa Liga Dia

A colexiada CGAB Laura Piñeiro Amondaray estará presente na Supercopa Liga Dia, encontro que terá lugar o vindeiro 10 de outubro con Perfumerías Avenida e Spar CityLift Girona como protagonistas (Pavillón Municipal de Würzburg. Salamanca. 21.00 h)

O Departamento arbitral da Federación Española de Baloncesto fixo públicas este martes as designacións para esta cita copeira, nas que Laura formará parte dun equipo arbitral liderado polo vasco Javier Bravo e que completará a catalana Yasmina Alcaraz.

A presenza de Laura nesta Supercopa Liga Día convírtese na súa primeira designación relevante nesta temporada 2018 – 2019, a que supón o seu debut como colexiada do Grupo 1 FEB, categoría a que ascendeu este verán.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram