“la Caixa” viaxa a Cádiz coas Seleccións Galegas Minis

As seleccións galegas minis contarán en Cádiz co apoio de “la Caixa”, valedor que xa ten acompañado aos nosos xogadores e xogadoras durante as súas concentracións e xornadas de adestramento previas a este XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

A entidade financieira, patrocinadora da FGB, estará especialmente atenta ás evolucións deportivas dos nosos combinados en terras andaluzas. E para que quede constancia do seu apoio e o seu compromiso para co baloncesto de base quixo materializar o mesmo a través dun pequeno detalle: as mochilas que todos os integrantes da expedición galega lucirán en San Fernando.

Trátase dun Regalo de “la Caixa” para os xogadores e corpo técnico de ambas as seleccións. Un agasallo que, simbólicamente e en nome de toda a FGB, recolleron e agradeceron a Seleccionadora Masculina, Paula Couto, e a Recuperadora Física das Seleccións, Leticia Fernández.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram