“la Caixa” e a FGB amplían a súa rede de colaboración

– Ambas entidades, que traballan da man dende fai dúas temporadas polo desenvolvemento do Baloncesto, acordaron na tarde deste mércores unha substancial mellora no marco da xestión de abono das tarifas económicas a árbitros e oficiais de mesa.

A Federación Galega de Baloncesto, na persoa do seu presidente, Francisco Martín; e do seu Director Técnico Arbitral, Miguel Ángel Pérez; mantivo en A Coruña unha reunión de traballo cos responsables da Dirección Territorial de Galicia de “la Caixa”, principal entidade patrocinadora da FGB.

O centro de atención deste encontro xirou en torno ao campo arbitral, ámbito de traballo da FGB co que “la Caixa” está especialmente implicada, e ao que agora lle ofrece a posibilidade de mellorar a xestión económica relacionada co abono das tarifas, tanto a colexiados como a oficiais de mesa.

Nesta liña, “la Caixa” anunciou que xestionará o adianto en 15 días do abono das tarifas a árbitros e oficiais do Comité Galego. Unha acción que redunda de xeito inmediato en beneficio dos integrantes do CGAB con conta vixente en “la Caixa”.

Esta vantaxe que propón “la Caixa” permanece aberta tamén a aqueles interesados en acollerse á mesma a partir deste intre como novos clientes da entidade, abrindo unha conta de abono. Ésta xestión, ademais, reportaralles outros beneficios adicionais específicos, determinados polo tipo de vinculación que subscriban. Cartóns gratuítos, cero comisións ou a apertura de conta por Internet, son,entre outros, os posibles servizos dos que gozarán.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram