Galicia xa coñece as catro seleccións que nos representarán no Campionato de España Infantil e Cadete. Os 12 xogadores e 12 xogadoras confirmadas en cada categoría vivirán entre o 3 e 7 de xaneiro 2023 a oportunidade de desfrutar de todo o que supón un campionato destas características: deporte e aprendizaxe intensa na pista e fóra dela.
Tras acometer unha etapa previa de preparación, chégase a este punto agradecendo o traballo de todos os xogadores e xogadoras que formaron parte dela achegado o seu esforzo e ilusión á dinámica das Seleccións Galegas. A todos, o recoñecemento da Área Deportiva FGB.
Na mesma liña, agradecer o compromiso dos catro cadros técnicos neste camiño previo, que culminarán agora coa cita nacional.
A composicións definitiva das catro seleccións así como o calendario correspondente en cada categoría, pode consultarse a continuación:
Selección Galega Infantil Feminina
Selección Galega Cadete Feminina
Selección Galega Infantil Masculina
Selección Galega Cadete Masculina
Calendario Infantil – #KDTINF23
Calendario Cadete – #KDTINF23
Últimas citas en A Estrada
As catro seleccións xa confirmadas teñen na súa axenda dúas últimas citas antes de poñer rumbo a Huelva. Os días 23 e 28 de decembro concentraranse no Concello de A Estrada para pulir detalles e dar o pistoletazo de saída ao modo competición. A experiencia máis que especial de todo un Campionato de España agarda!