KDTINF2023: Resultados Galegos na segunda Xornada

RESULTADOS: Infantil Mas | Infantil Fem | Cadete Mas | Cadete Fem

Galería de Imaxes

Canle FEB – DIRECTO PARTIDOS

Calendario Cadete – KDTINF2023

Calendario Infantil – KDTINF2023

04/01/23

GALICIA INFANTIL MASCULINA

Grupo A: Cantabria, Asturias e Madrid.

(13:30 h – X3.  Pavillón Andrés Estrada)

Grandísimo encontro o disputado entre dúas selección que competiron a un altísimo nivel durante os 40 minutos. Os galegos comezaron moi acertados dende a tripla, e cunha gran actividade na defensa a toda
pista. Isto propiciou o seu poder no marcador durante boa parte dos minutos.
Nesta tesitura, e xa no súltimos compases, a diferencia marcábana as accións de gran talento de Madrid que, sumadas a imprecisións clave galegas, castigaron aos de Pablo Abuín nun final trepidante pero negativo para os intereses galegos.

Madrid – Galicia (73 – 66)

GALICIA INFANTIL FEMININA

Grupo A: La Rioja, Baleares e Cataluña.

(13:30 h – X3. Pavillón Diego Lobato)

Cataluña – Galicia (71 – 20)

Partido algo frouxo para as de Miguel Castro. Numerosas perdas de balón e pouco acerto nos rebotes castigaron a unha Galicia ante un rival que non perdoou, nin no dominio na pista, nin no electrónico. Agora toca recuperarse e poñer a cabeza e o corazón no cruce de cuartos de final a desputar este xoves.

GALICIA CADETE FEMININA

Grupo E: Aragón e Baleares.

(11:30 h – X2. Pavillón Cortés Medina – Lepe)

Illas Baleares – Galicia (64 – 85)

Galicia comezou o partido con actitude de equipo gañador, manifestándoa nunha gran defensa individual, maravillosa intensidade e con boas axudas e recuperacións. Baleares pecaba de perdas de balón mentres Galicia gozaba de salidas positivas ao contraataque e gran acerto.

A segunda metade de partido foi a do baixón físico para as de Nacary. A súa intensidade e concentración decaían, en contraposición co cambio de ritmo das rivais. Baleares aumentaba a intensidade defensiva, provocando varias perdas de balón que foron que de aproveitar e transformar en acertado tiro exterior e en penetracións ao aro.

Ao remate do terceiro cuarto, e tras un parcial 26 – 16 a favor Balear, a distancia no electrónico reducíase a 7 puntos.

Afortunadamente, nos derradeiros dez minutos, Galicia reaccionou partindo de gran acerto no tiro exterior. Esto foi a clave para volver a dominar o marcador e recuperar ata a diferencia final de 21 puntos.

GALICIA CADETE MASCULINA

Grupo A: Asturias, Extremadura e Madrid.

(15:30 h – X3. Pavillón Carolina Marín)

Madrid – Galicia (87 – 85)

Axustada derrota para unha Galicia crecente en acerto e intensidade que obrigou a Madrid a despregar un alto rendemento para poder levarse o encontro. Sabor agridoce por un resultado que deixa a Galicia na loita polos postos do 9 ao 16, desputando mañá, xoves 5; o seu primeiro partido destes cruces. Será ante Cantabria ás 09:30 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram