KDTINF2022: Galicia despide Huelva con boas sensacións

Cuarta praza definitiva para Galicia en categoría infantil masculina, a única que disputaba partidos este mércores de peche de Campionato. Coa súa derrota ante Valencia os de Javier Llorente pasan ao palmarés deste campionato como cuartos clasificados do Grupo Especial.

Completan así a participación Galega neste KDTINF2022, a cal, lembremos, comezaba a establecerse na tarde do martes cos seguintes postos definitivos.

Galicia Infantil Feminina: 6 Clasificada Grupo Especial.

Galicia Cadete Masculina: 7 Clasificada Grupo Especial.

Galicia Cadete Feminina: 10 Clasificada Grupo Especial.

Resultados 13/04/22

Resultados e Clasificación

3 – 4 Posto – 13/04/22

(09:00 h) Galicia – Valencia (63 – 78)

Compite ata o final a selección infantil na loita polo bronce. O encontro comezou cun nivel de dureza algo máis baixo do habitual por parte dos galegos.Isto permitiu que Valencia fora quen de botar man da súa superioridade física e conseguir unha primeira renta no marcador. Logo de subir este nivel de competitividade, o partido mantívose ao alcance da selección, pero pagando cada erro grazas ao bo xogo do outro equipo.No conxunto do partido, tratóuse dun gran esforzo da selección, que non pudo levar unha medalla, finalizando así un grandísimo torneo pola súa parte e quedándose coa 4 praza do Grupo Especial. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram