KDTINF2022 – 12/04/22: Galicia Infantil Masculina cae en semifinales

Infantil MasculinoĀ 

Resultados e Clasificación

Semifinal –Ā  12/04/22

(13:30 h) AndalucĆ­a – GaliciaĀ (91 – 66)

Derrota para unha Galicia que buscaba a oportunidade de refrendar o seu bo xogo cunha clasificación para a gran Final deste Campionato. O equipo de Javi Llorente saltou Ô pista menos enchufado do preciso nunha semifinal. Unha Galicia algo mÔis nerviosa do habitual erraba en situacións claras ataque. Andalucía aproveitaba esta situación e a superioridade do seu xogo interior para marcar territorio e establecer unha diferencia no marcador que Galicia, pese a intentalo aumentando a presión e rexistrando con maior acerto xusto antes do tempo descanso, non foi quen de recortar.

A posibilidade de desputar unha gran final escapÔbase, pero a cita coa fortuna danos unha nova oportunidade. SerÔ no encontro polo 3 posto do grupo Especial ante Comunidade Valenciana, Ôs 09.00 h do mércores. 

InfantilĀ  FemininaĀ 

Resultados e Clasificación

Cruce: 3A – 3BĀ –Ā 12/04/22

(15:30 h) Valencia – GaliciaĀ (69 – 64)

Partido na disputa polo 5 e sexto posto onde os físicos e a enerxía xa se notaba menor por parte de ambos os equipos. Tras un inicio complicado, Galicia conseguía agarrarse ao partido e mesmo dibuxaba unha pequena cantase, deixando o electrónico, no descanso, 5 puntos arriba ao seu favor.

No regreso de vestiarios, un parcial valenciano de 20 – 4 arrastraba a Galicia a un escenario que semellaba moi complicado para os seus intereses. Con todo, Galicia foi que de agarrarse con forza ao partido e ofrecer un Ćŗltimo cuarto no que as sĆŗas posibilidades recuperaban espazo. Pero, todos os seus esforzos non foron suficientes para deixar Ć” Comunidade Valenciana atrĆ”s.

Ao remate, un sexto posto do Grupo Especial como recompensa a un torneo no que a imaxe e o xogo ofrecido polas galegas mereceu mƔis.

Cadete MasculinoĀ 

Resultados e Clasificación

Cruce: 4A – 5B –12/04/22

(19:30 h) GaliciaĀ – Castilla y León (92 – 61)

Peche de Campionato para unha Galicia que soubo dicir adeus ao Campionato cunha vitoria clara.  O trunfo xestouse xa dende os primeiros minutos, cun primeiro cuarto de cor completamente celeste, con gran acerto tanto no ataque dende o perímetro como nas entradas a contraataque por roubo de balón

Totalmente metidos no partido, ainda que destacando mĆ”is no apartado individual que no colectivo, os de Ɠscar DĆ­az seguirĆ”n ampliando a sĆŗa vantaxe ao longo dos minutos, rendabilizando a sĆŗa superioridade no rebote defensivo e seu acerto no tiro exterior.

Castilla y León non baixou os brazos nen a actitude en ningún momento, pero non tiña nada que facer ante Ô marxe Galega no marcador e a súa presencia en pista.

Cadete FemininaĀ 

Resultados e Clasificación

Cruce: 4B – 5AĀ –Ā 12/04/22

(13:30 h) AndalucĆ­a – Galicia (60 – 44)

Partido de ritmo moi forte por parte de ambos os equipos e marcado pola dureza e superioridade fƭsica das andaluzas. Neste escenario, as rivais castigaron Ɣs galegas deixƔndoas, xa ao descanso, cunha desvantaxe de 10 puntos que, a partir de ahƭ, non fixo mƔis que ampliarse.

O esforzo realizado polas nosas durante os 40 minutos non se reflectiu no marcador, pero o espíritu de Galicia non desistiu en ningún momento. A porcentaxe de tiro, así como un total de 20 tiros libres errados penalizaron sen volta atrÔs ao equipo de Nacary.

Esta derrota final deixa a Galicia como 10 Clasificada do Grupo Especial.Ā 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram