#KDTINF2022 – 11/04/22: Remata a Fase de Grupos

#KDTINF2022 – 11/04/22: Remata a Fase de Grupos

CANLE FEB: Encontros en directo

Calendario Cadete

Calendario Infantil

Infantil Feminino – Grupo Especial B

Aragón, Madrid, Cantabria, Cataluña e Galicia.

Resultados e Clasificación

(09:30 h) Galicia – Cataluña (42 – 87)

(17: 30 h) Madrid – Galicia (68 – 70)

Cadete Feminino – Grupo Especial A

Asturias. Castilla y León, Cataluña, País Vasco e Galicia.

Resultados e Clasificación

(15:30 h) Cataluña – Galicia (58 – 46)

Bo inicio do partido para as nosas cadetes. Comezaron moi concentradas e con moito acerto pese ao atraso de hora de comezo do partido. As xogadoras de Nacary asinaron un primeiro cuarto notable, cunha boa anotación e cunha defensa moi activa que deixou os primeiros 10 minutos cun parcial 11-19 para Galicia.

Certos erros defensivos, xunto coa dificultade galega para facerse co rebote, foron aproveitados por Cataluña para darlle a volta ao marcador e poñerse por diante de xeito definitivo. A pesar de todo, boa actitude das galegas que loitaron o partido ata o final.

Cadete Masculino – Grupo Especial A

Andalucía, Aragón, Illas Baleares, Madrid e Galicia.

Resultados e Clasificación

(09.30 h) Aragón – Galicia (76 – 92)

Galicia sumou a súa primeira vitoria no Campionato basando o seu xogo nunha intensidade defensiva, combinada cun alto nivel de acerto, que lle permitía chegar cunha boa renda ao descanso. Ao regreso dos vestiarios Aragón recuperou folgos e apretou as distancias. Ambos os equipos continuaron rexistrando alternancias no marcador, ata que xa entrados nos últimos minutos Galicia soubo sacar o proveito preciso do seu acerto fronte ao aro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram