KDTINF2020 – 06/01/19: as cruces clasificatorias definen a sorte galega

Quenda para as cruces clasicatorias neste #KDTINF2020. No panorama galego afrontamos este luns, 6 de xaneiro; dous duelos importantes en categoría especial no apartado feminino, e unha loita dispar no masculino. Os infantís de Javier Peinó disputarán unha das dúas semifinais da súa categoría Preferente, mentras que os cadetes buscarán o quinto posto da Especial. Todo será en horario de tarde, celebrando así tamén un bo día de Reis!

Galicia no #KDTINF2020: Galería de Imaxes – 06/01/20

Galicia no #KDTINF2020: Galería de Imaxes – 05/01/20

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes – 04/01/20

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes – 03/01/20

 WEB Oficial #KDTINF2020

#KDTINF2020 – CRUCES CLASIFICATORIAS: RESULTADOS GALEGOS

CADETE MASCULINA – ESPECIAL (3º A – 3º B) 

(11.30 h) Galicia – Castilla León (82 – 65)

Doce vitoria co premio do 5º posto Especial para o equipo que dirixen Oscar Díaz. Héctor Méndez e Roi Vega. Castilla León foi un rival aguerrido e soubo conter a Galicia durante un primeiro cuarto marcado polas dúbidas en ataque dos nosos. Os galegos adoptaron a dinámica de repoñerse e competir ata o final no seu último partido do campionato, actitude que lles favoreceu e lles permitiu dominar un segundo cuarto que os encamiñaba a liderar o marcador. 

Entre os aplausos de toda a expedición galega, presente nas gradas, os de Óscar Díaz pecharon o encontro sen mudar de ánimo e foron redondeando o electrónico cara o 82 – 63 definitivo, impulsado, en maio medida, por un último cuarto moi traballado tanto en defensa como ante canstra. 

CADETE FEMININO – ESPECIAL (5º B- 4ºA) 

(15.30 h) Baleares – Galicia (58 – 55)

Non puido ser. O trunfo escapóuselle a Galicia nun último cuarto ao que custou chegar en igualdade pero que, de novo, fíxonos desfrutar dun equipo de menos a máis.
O destino galego neste duelo  comezou a marcarse no segundo cuarto (13 – 5), que deixaba as galegas atrás, tanto no marcador como animicamente.  Custaría remontar esta situación cunha Baleares gozando de pequenas vantaxes no electrónico que lle permitían xogar máis seguras en ataque, pero o paso polos vestiarios traería a unha nova Galicia.

As xogadoras de Ruben Vázquez regresaron ao encontro máis concentradas e situáronse a tan so catro puntos no ecuador do terceiro cuarto. A partir de aquí, e visiblemente algo cansas, remaron a favor nun espléndido último cuarto. Fixérono dende a defensa para levar a igualdade ao marcador a falla dun minuto. Neste intre, tentárono, pero sen sorte cara ao aro. A vitoria quedou no bando balear, un equipo que tamén competiu a un gran nivel.

INFANTIL FEMININO – ESPECIAL (4º B- 5ºA)

(17.30 h) Galicia – Aragón (62 – 44)

Galicia saiu enchufadísima a un partido que tivo de cara dende o primeiro momento. Un amplo parcial de 25 – 8 debuxaba a un equipo en estado de gracia na rápida circulación de balón e con contundencia en ataque. Así mesmo, deixaba ás claras a única intención galega: facerse coa vitoria.
Os segundos dez minutos de xogo amosaron a unha Galicia cun ritmo de xogo algo máis baixo pero administrando ben a súa renta no marcador e continuando a ser o equipo dominante na pista. O encontro replicou esta mesma tónica ao regreso dos vestiarios. Galicia impoñíase dende a defensa, recuperando balóns e transformando opcións ofensivas. Todo, xogando cun colchón na marxe dos 20 puntos que lle outorgaba tranquilidade.

E precisamente esa diferencia foi a que se fixo insalvable para as aragonesas no último cuarto. Galicia seguiu apremiando ás rivais en defensa e tentando non perder aos nervos ata asinar o tenteo que garantizaba o trunfo e a permanencia en Especial.

INFANTIL MASCULINO – Semifinal PREFERENTE

(17.30 h) Galicia – Extremadura (67 – 48)

Partido redondo para os xogadores de Javi Peinó. Ben concentrados desde o inicio, os galegos atopáronse cómodos na pista, combinando o seu acerto en ataque tanto de tres como de media distancia. O papel defensivo tamén foi parte importante na primeira metade do encontro. A un nivel moi intenso, os galegos souberon traballar dende a defensa, con calma, e agotando as súas posesións ata o final.
Ao regreso dos vestiarios, e pesar de baixar a súa intensidade defensiva, a Galicia de Peinó mantíñase seria en ataque, sen soltar o dominio do balón e sen deixarse afectar pola alternancia de defensas extremeña.
Nesta tesitura, o seu ritmo foi baixando, pero sen deixar que os extremeños, máis acertados nestes últimos compases, rompesen o seu status sobre a pista e no marcador.
Esta vitoria permite agora aos galegos desputar este martes, 7 de xaneiro; a final do Grupo Preferente ante Murcia (11.00 h)

 

Estatística Cadete Masculina: Galicia – Castilla León (82 – 65)
Estatística Cadete Feminina: Baleares – Galicia (58 – 55)
Estatística Infantil Masculina: Galicia – Extremadura (67 – 48)
Estatística Infantil Feminina: Galicia – Aragón (62 – 44)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram