Galicia clausura este xoves o #KDTINF2016 entre as mellores sensacións. Dous campionatos infantil preferente, tanto en masculino como en feminino, encabezan un resultado global satisfactorio que se completa cun 7º posto en Cadete Feminina Especial e o 5º en Cadete Masculino Preferente.
A expedición galega deixa terras andaluzas coa valía de funcionar como EQUIPO, representando na pista os valores que caracterizan ao Baloncesto Galego, primando o esforzo, a deportividade e, pos suposto, o traballo en conxunto.
Dende aquí, como en cada edición, AGRADECER e recoñecer a todos os xogadores, adestradores, fisioterapeutas, árbitros representantes do Comité Galego e afección, polo seu compromiso co basket autonómico. PARABÉNS A TODOS!
Clasificación Final – Galicia #KDTINF2016
Selección Galega Infantil Feminina: Campioa Grupo Preferente
Selección Galega Infantil Masculina: Campioa Grupo Preferente
Selección Galega Cadete Masculina: 5º Clasificada Grupo Preferente
Selección Galega Cadete Feminina: 7º Clasificada Grupo Especial