kdt2015: Galicia despide Valladolid cun 5º posto feminino

A Expedición Galega rubricou este martes, seis de xaneiro, a súa última xornada no Campionato de España de Seleccións Cadetes con sede en Valladolid.

As nosas seleccións autonómicas culminaron a súa participación cun derradeiro e madrugador encontro a cargo das xogadoras de Pepe Vázquez. As nosas cadetes saltaron á pista para, ante Navarra, desputar un 5º posto que conqueriron con vitoria por 41 – 56.

Pola súa banda, os cadetes que neste reto dirixiu o técnico César Iglesias deixan esta edición do Campionato cun semblante algo máis serio, rexistrando a perda da categoría especial (9º clasificado) tras a ampla derrota sufrida ante Canarias na tarde do luns. 

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA. – 05/01/15

8º – 9º Posto. Pavillón Miriam Blasco
(19.30 h) Canarias – Galicia (80 – 54) (21-16, 17-13, 18-7, 24-18)

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA – 06/01/15

5º – 6º Posto.Pavillón Lalo García
(09.30 h) Navarra – Galicia (41 – 56) (10-12, 8-7, 12-17, 11-20)

Agradecer dende aquí a ambos equipos a súa representación neste Campionato. Tanto corpo técnico como xogadores e os nosos tres colexiados (con participación incluída de Guillermo Ríos na final feminina) fixeron de novo dun Campionato de España unha experiencia deportiva e persoal para o recordo. Non esquecer tampouco o apoio de familiares e afeccionados. Eles tamén deixaron notar a cor e a deportividade azul dende as gradas. A todos, gracias. 

Estatística: Canarias – Galicia (80 – 54)
Estatística; Navarra – Galicia (41 – 56)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram