Consulta a continuación os seus resultados, estatísticas e a Galería de Imaxes deste domingo.
SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA. GRUPO ESPECIAL “B” – 04/01/15 Galería de Imaxes
(Canarias, Castilla León, Aragón, Extremadura, Galicia)
3º xornada. Pavillón Pisuerga
(10.00 h) Extremadura – Galicia (41 – 70) (9-12, 15-18, 10-21, 7-19)
Galicia abría a dobre xornada de xogo no Pavillón Pisuerga fronte ao combinado de Extremadura, o cal acumulaba un partido máis neste campionato e dúas axustadas derrotas fronte a Castilla León (-10) e Canarias (-20).
Na pista víronse as caras dúas selección opostas, destacando a habilidade da Selección Extremeña na súa faceta de xogo exterior. Ante este rival, a formulación do técnico galego, Pepe Vázquez, estaba clara dende o inicio: para estar no partido había que dominar e sumar en defensa.
O encontro comezou titubeante e desquiciando ás galegas, que regalaron ata 4 opcións tras rebote defensivo no seu contraataque e tiros cómodos que finalmente non convertían. A situación era unha suma explosiva para o bando galego, que conseguía, a pesar de todo, marchar ao descanso seis puntos arriba.
Na reanudación, cun xogo máis elaborado e levando protagonismo as xogadoras interiores, Galicia dominaba en rebote defensivo e conseguía escapar no marcador (19 puntos arriba). Extremadura, completamente vencida en defensa, non foi quen de atopar un revulsivo que lles permitira manterse con posibilidades.
O derradeiro cuarto serviu para ampliar a diferenza, en gran parte grazas á entrada de xogadoras con menos minutos. No segundo definitivo a distancia ampliábase en 29 puntos, rexistrando o 41-70 final.
4º xornada. Pavillón Miriam Blasco
(17.30 h) Galicia – Canarias (46 – 68) (9-25, 5-20, 11-11, 21-12)
Demoledor primeiro cuarto para dar comezo a un encontro que prometía mellores sensacións para as cadetes que dirixe Pepe Vázquez. Un parcial de 9 -25 a favor das isleñas marcaba a senda que percorrería o partido ata o seu remate.
Galicia non era a Galicia do seus dous anteriores encontros ante Extremadura e Aragón , sumados como vitorias. A espectacular presenza de Iris Juno (12 puntos e 11 rebotes, 27 de valoración) e Natalia Rodríguez (26 puntos) liderou a un rival que gozou da concentración e actitude da que adoeceu a nosa Selección.
As galegas non deixaron de intentalo, sempre a rebufo, pero a anotación e os bos porcentaxes tiñan color canario. Con tan só 14 puntos anotados, Galicia emprendía camiño aos vestiarios (14 -45).
Na renovación de partido non houbo nin rastro dunha posible reacción galega que lle achegara opción de vitoria. A súa labor pasaba xa por tentar anotar, estabilizando as diferenzas, e recurtar así o maiores puntos posibles, cifras que, nesta fase de grupos, poden resultar decisorias.
Ao remate, e tras o susto dun pequeno golpe sufrido por Paloma González, sen consecuencias reseñables, Galicia arrincaba canastras que a deixaban nos 12 puntos de xa insalvable diferenza (46 – 68).
SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA. GRUPO ESPECIAL “B” – 04/01/15. Galería de Imaxes
(Madrid, País Vasco, C. Valenciana, Cantabria e Galicia)
3º xornada. Pavillón Pisuerga
(12.00 h) Cantabria – Galicia (70 – 52) (25-15, 13-6, 10-9, 22-22)
Cantabria estragou de golpe as expectativas galegas na dobre xornada de domingo. O equipo que dirixe Amador Díaz tomoulle a medida á perfección ao combinado galego, lastrado por un parcial inicial xa condenatorio (25 – 15).
Estes dez puntos arriba para os cántabros foron a súa plataforma para escalar no marcador, a costa dunha Galicia que tiraba do intermitente acerto ante canastra repartido entre José San Martín e Manuel Paz, con 11 puntos cada un. Cantabria, pola contra, mandaba na pista comandada por Robertson, con 17 puntos en global e cun papel decisorio para os intereses do seu equipo.
Entrados xa no derradeiro cuarto, ambos conxuntos cederon terreo, Cantabria soltando e Galicia gañando a confianza precisa para non rematar o duelo con tan mal sabor de boca. Un parcial alto e certamente marcado pola igualdade (22 – 22) non foi suficiente para acceder ao trunfo. Cantabria aseguraba o que xa era seu e asinaba a vitoria.
4º xornada. Pavillón Huerta del Rey
(19.30 h) Galicia – Madrid (38 – 86) (10-30, 11-29, 10-12, 7-15)
Impepinable vitoria madrileña ante unha Galicia completamente desdibuxada sobre a pista. O seu inicio, cun 2- 0 a favor, foi un espellismo que non tivo maior réplica ao longo do encontro.
Os cadetes madrileños, un conxunto compacto e moi forte fisicamente, foi dono do xogo en todo momento, colleitando uns parciais de grandes diferenzas para o seu haber, distancias que se facían evidentes tanto no electrónico como nas capacidades de resposta de ambas seleccións.
A partires dos seis minutos de xogo, nos que Madrid xa se impoñía dez puntos arriba (5-15) proseguiu un desfile de opcións e canastras resoltas con éxito pola súa banda. Imposible dar a sorpresa para os pupilos de César Iglesias.
A superioridade e control amosado na marcha aos vestiarios (21 -59), estendeuse durante a segunda metade a pesares de reducir lixeiramente o seu ritmo anotador. Ao remate, o abismo entre os dous bloques ratificouse co implacable tenteo final (38- 86).
kdt2015: Calendario
Estatística: Extremadura – Galicia (41 – 70)
Estatística: Cantabria – Galicia (70 – 52)
Estatística: Galicia – Canarias (46 – 68)