kdt2015: debut e doble ración de vitoria para Galicia

Debut con ledicia por partida dobre para os intereses galegos neste Campionato de España de Seleccións. 

 

Con sendas vitorias, os e as cadetes galegas superan a barreira da 1º e 2º xornada da fase de grupos con todas as súas opcións intactas. Trunfos laboriosos e non exentos de emoción, sobre todo no apartado masculino, deixan ás craras que neste #kdt2015 toca traballar duro.

Galería de Imaxes: 1º e 2º xornada: 03/01/15

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA. GRUPO ESPECIAL “B” – 03/01/15
(Canarias, Castilla León, Aragón, Extremadura, Galicia)
2º xornada – Pavillón CD Parquesol

(17.30 h) Galicia – Aragón (70 – 58) (16 – 19, 26 – 9, 11 – 14, 17- 16)
As xogadoras de Pepe Vázquez fraguaron o bo sino da súa estrea nos segundos dez minutos de encontro, momento clave para sacudirse as imprecisións do debut e facer seu o dominio do xogo.

As galegas, que a partir deste punto decidiron e souberon manter a súa posición sobre a pista, rubrican unha necesaria vitoria, crucial para manterse mentalmente activas nun potente grupo Especial B. Mañá agardan dous rivais de envergadura: Extremadura (10:00 h) e Canarias (17:30 h).

Nesta primeira cita destacar no bando galego: os 15 puntos de Ana María, os 13 na conta de Paloma González e os 13 rebotes de Paula Valiño.

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA. GRUPO ESPECIAL “B” – 03/01/15
(Madrid, País Vasco, C. Valenciana, Cantabria e Galicia)
2º xornada – Pavillón CD Parquesol

(19.30 h) Galicia – Comunidad Valenciana (68 – 64) (10-9, 9-18, 15-16, 21-12, 13-9)
Galicia estirou ata o límite as súas posibilidades de facerse cun meritorio e sufrido trunfo ante os cadetes valencianos que dirixe Quique Roig. O rival, por diante en xogo e marcador durante toda unha contundente primeira metade, viuse sorprendido por unha inesperada reacción galega na recta final.

Os pupilos de César Iglesias protagonizaron esta tarde noite no Pavillón de Parquesol unha importante revolta que será moi positiva para os seus intereses no que resta de fase de grupos. Coa actitude precisa e unha tardía pero eficaz claridade de ideas, dinamitaron no derradeiro cuarto (21-12) a superioridade laranxa e forzaron unha atractiva prórroga.

Neste tempo extra, do que gozaron as afeccións presentes, Galicia prolongou o seu estado de gracia, certificando a súa explosión e sumando a primeira para o seu casilleiro. As seguintes a intentar conquerir son as deste domingo, 4 de xaneiro; ante Cantabria (12:00 h) e Madrid (19:30 h).

No apartado de relevantes os 18 puntos de Jose San Martín, así como os 15 anotados por Joel Kabimba lideran os números galegos. 

 

Estatística: Galicia – Aragón (70 – 58)
Estatística: Galicia – C. Valenciana (68 – 64)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram