kdt2015: a fase de grupos completa os seus dous últimos partidos

Consulta a continuación os resultados, estatísticas e a Galería de Imaxes para Galicia neste luns, 5 de xaneiro.

#kdt2015: web oficial

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA. GRUPO ESPECIAL “B” – 05/01/15
(Canarias, Castilla León, Aragón, Extremadura, Galicia)

5º xornada. Pavillón Miriam Blasco
(10.00 h) Castilla León – Galicia

(56 – 51) (14-13, 8-10, 20-13, 14-15)

As nosas cadetes e as súas rivais na pista ofreceron un igualado partido ao que ningunha lle perdeu a cara ata o remate. Galicia precisaba vencer por 12 puntos ou máis se quería ter un posto nas semifinais e dende saída amosou que, sumase ou non esta diferencia, saía a vencer o partido.

Un rápido inicio de marcada cor branquiazul daba a entender que as locais ían a ter que traballar duro para poder superar o ímpetu galego. E así foi, a igualdade e a alternancia no electrónico a favor de unas e outras imperou durante os corenta minutos de xogo.

O punto decisivo veu da man do gran papel das castelás Marta Aranda e Mame Selbe (con 14 puntos) e de Paula López e Sofía Galerón (10 puntos cada una neste caso). Pola banda galega destacou o traballo colectivo e o gran poder anotador concentrado en Paula Valiño (21 puntos).

En virtude do tenteo final (56 – 51), Galicia pasa a optar ao quinto posto definitivo, o cal buscará ante Navarra na xornada do martes, 6 de xaneiro.

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA. GRUPO ESPECIAL “B” – 05/01/15
(Madrid, País Vasco, C. Valenciana, Cantabria e Galicia)

5º xornada. Pavillón Lalo García
(12.00 h) País Vasco – Galicia (84 – 49) (23-10, 23-14, 20-15, 18-10)

Último partido da fase de grupos e derradeira oportunidade para os de César Iglesias de soñar cunha vitoria que outorgaría unha praza en semifinais. O rival, unha moi potente selección vasca que amosou sobre a pista que ese adxectivo non lle viña grande.

O combinado de Euskadi comezou arrasando en xogo, opción e no electrónico, onde un parcial de 14 – 0 dominaba xa nos cinco primeiros minutos de xogo.

A partires deste punto, e sempre por debaixo en cómputos globais, Galicia non era quen de enlazar posibilidades ofensivas, o cal favorecía. Ainda máis, o bo facer dos vascos sobre a pista. Nada que dicir ante o tenteo, 22 puntos abaixo, que o marcador ditaminaba na marcha cara vestiarios (46 – 24).

Na volta das casetas a situación non mudou e os de Carmelo Oñate, sempre superiores, controlaron os restantes 20 minutos non deixando que Galicia rompese brecha e botase man a súa distancia.

O papel líder de Xabier Beraza por parte vasca (24 puntos e 42 puntos de valoración) resumía o óptimo estado propio e o dos seus compañeiros. No apartado galego, destacar a presenza en pista de Rivas (máximo anotador galego con 11 puntos) e San Martín.

A ampla derrota rexistrada (84 – 49) desfacía as opcións de proseguir a cotas maiores e deixaba a Galicia preparada para o encontro no que se pon en xogo a permanencia en categoría especial. Este será ante Canarias esta mesma tarde (19:30 h)

kdt2015: Calendario
Estatística: Castilla León – Galicia (56 – 51)
Estatística: País Vasco – Galicia (84 – 49)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram