Juan Carlos Arteaga asistirá ao Clínic de Pretemporada do CGAB

Os vindeiros días 1 e 2 de setembro o CGAB celebrará o Clínic de Pretemporada na cidade de Lugo baixo o patrocinio de “La Caixa”
A residencia Abeiro e o Pazo Provincial dos Deportes acollerán o Clínic de Pretemporada para os árbitros dos grupos 1 FGB, sub-23, dous representantes dos oficiais de mesa por Delegación e o os coordinadores técnicos das Delegacións, sendo un total de 87 participantes.

Esta actividade estará dirixida por Miguel Ángel Pérez, director técnico do CGAB que contará coa colaboración catro poñentes:

D. Alejandro Alcalde: Comisario de mesa ACB e responsable técnico para os oficiais de mesa da FGB. Dará unha reunión técnica para oficiais de mesa.

D. Juan Carlos Arteaga: Membro da Comisión Técnica de Arbitraxes da FEB, Árbitro ACB, Internacional FIBA e Euroliga. Dirixiu a final do mundial 2010 en Turquía, o encontro pola medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres, varias final four da Euroliga, varios Eurobasket, Torneo das Américas, dúas Final Four Eurochallenge, etc. É o único árbitro español que participou en dous Xogos Olímpicos. Tratará a técnica do arbitraxes e linguaxe corporal.

D. Carlos Colinas: Director Deportivo do Celta e Adestrador de Liga Femenina durante 8 tempadas. Seleccionador Galego Feminino Absoluto 2012. Foi Seleccionador Feminino Absoluto de Brasil e Seleccionador Español Feminino Sub-16 e Sub-19. Falará das pautas de adestramento, o xogo e a súa incidencia na arbitraxe.

Dª. Leticia Fernández: Dirixe a Área Bio-médica da FGB. Formou parte durante mais de seis anos do equipo do Dr. Arriaza, co que participou na rehabilitación de numerosos deportistas de élite. Comentará cos asistentes pautas de saúde deportiva.

D. Miguel Ángel Pérez: Director Técnico Arbitral da FGB. Árbitro Internacional FIBA e Euroliga, dirixiu un Eurobasket, dúas final four Eurochallenge, un Torneo das Américas e na pasada tempada a Final do Campionato de Europa Sub-20 masculino. É árbitro ACB dende hai 14 temporadas e dirixiu varias finais de liga e dúas finais da Copa do Rey.

O día 1 ás 16:45 haberá unha charla dirixida aos adestradores sobre os criterios de arbitraxe para esta tempada 2012/13. Aos adestradores de nivel I e nivel II que asistan á mesma computaránselle dúas horas de formación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram