O Presidente FEB. José Luis Sáez, amosouse encantado de poder participar na tarde deste xoves,20 de febreiro; da posta en marcha oficial de “GALICIA 2014”, un proxecto que, como el mesmo reseñou, dá sentido ao “concepto global” do futuro Mundial. “Os partidos serán unha parte importante, pero sin todo o resto de actividades non poderíamos construír un legado. Hoxe o legado xa está en marcha. E queríamos que un de dos alicerces fundamentais fose, por suposto, Galicia”.
Ese “legado” é un dos obxectivos principais da Copa do Mundo 2014 para a FEB, cuxa candidatura mundialista buscaba que o Baloncesto Español mellorase o seu posicionamento e desenvolvemento.”Queríamos trasladar unha visión máis complexa do que se pensa que é a organización dun Campionato. Unha visión máis redonda”.
Nesa liña, GALICIA 2014 representa un traballo que vincula á FGB coa FEB, e que materializa a labor que a Federación Española está a realizar “dende a base ata arriba”. Grazas, sobre todo, á “colaboración das unidades primarias que son os clubs, xunto cos diferentes estamentos e, naturalmente, con aqueles que traballan día a día en cada Federación Autonómica”.
O máximo mandatario FEB expresou os seus desexos de que todos os afeccionados, pertenzan ás cidades sede ou a calquera outra localidade do país, poidan sentirse “orgullosos” do Mundial e da súa proxección.
Sáez non quixo rematar a súa intervención sen trasladar os seus parabéns ao presidente FGB, Francisco Martín; pola ilusión e profesionalidade coa que naceu e se levará a cabo “GALICIA2014. Imos Pola Copa”.