Jorge González Marqués, un colexiado galego na Fase Final da André Vergauwen Cup

O colexiado Jorge González Marqués, pertencente ao Comité Galego de Árbitros e internacional desde 2009 como árbitro na modalidade de Baloncesto en Cadeira de Rodas, estará presente esta semana na Fase Final da André Vergauwen Cup, competición europea de Baloncesto Adaptado organizada pola IWBF – Europa e a celebrar entre o 26 e 28 deste mesmo mes en Giulianova (Italia).

Marqués repetirá experiencia nesta Copa Vergauwen, a segunda máis importante a nivel europeo na modalidade de Baloncesto en Cadeira de Rodas e na que o vigués ten participado xa en anteriores ocasión.

Xunto a Jorge estarán un total de 11 colexiados procedente de diferentes países, sendo el o único representante español neste ámbito. A súa presenza e participación nesta cita continental, polo tanto, suman un mérito máis ao seu currículo deportivo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram