Jorge González Marqués, designado para a XXXV Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas

O colexiado do Comité Galego de Árbitros, e árbitro internacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas, Jorge González Marqués, terá neste 2013 a oportunidade de repetir participación na Copa do Rei desta modalidade.

Marqués, internacional en baloncesto adaptado dende o ano 2009 e adscrito ao Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) dende fai 26 anos, estará en Bilbao, sede este ano desta Copa do Rei, os vindeiros 9 e 10 de febrero. En ambas as datas será parte activa dunha cita deportiva que non fai máis que ampliar o seu importante palmarés nesta disciplina do Baloncesto.

Coñecedores do seu bo facer ante estes retos, a Federación Galega de Baloncesto, e o seu Comité de Árbitros, trasladan a súa felicitación a Jorge González Marqués por esta nova e importante designación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram