Cambio no equipo de traballo das Seleccións Galegas. O Cadro técnico dos combinados autonómicos sufre unha variación na categoría Infantil masculina. Pablo Abuín, seleccionador ata o momento deste grupo, non seguirá desempeñando o seu cometido como tal, recollendo a súa testemuña nesta posición o técnico galego Javier Llorente, vinculado actualmente á disciplina do CB Peixefresco Marín.
Neste punto, a Área Deportiva FGB agradece a Pablo Abuín todo o seu traballo e compromiso coa súa selección ata este momento e dá a benvida a Javi Llorente nesta nova experiencia deportiva.
Llorente, acompañado polo que xa é o seu novo equipo técnico; Sergio González como adestrador axudante, e Alberto Estévez como Delegado; dirixirá por primeira vez á selección infantil masculina na súa vindeira concentración, marcada para os días 9 e 10 de outubro.
Programación
A indicada próxima concentración de outubro continuará unha programación de adestramentos á que lle quedan por diante un total de seis citas para achegarse á meta de todo este longo e ilusionante camiño: o Campionato de España (Xaneiro 2022)
Achegamos en documento adxunto o calendario para este proceso.