O Comité Galego de Árbitros activa o prazo de inscrición para a derradeira convocatoria da temporada relativa á formación online en iniciación, cita didáctica que se convertirá na novena da vixente temporada, pechando ademais a Programación 2017 – 2018 dos Cursos de carácter “On Line” do CGAB.
Marcado para iniciarse o vindeiro 22 de xaneiro, e con continuidade os días 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 deste mesmo mes, a través da PLATAFORMA ONLINE FGB, este IX curso proporcionará a posibilidade de instruirse nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros. Esta formación levarase a cabo en base a unha programación teórico práctica posta xa en marcha ao longo de toda esta temporada por aqueles alumnos que xa pasaron por esta experiencia de xeito previo.
Requisitos e inscricións
O prazo de inscrición para esta derradeira convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o propio 22 de xaneiro (ás 12.00 h) sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir os pasos habituais:
1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).
2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición, en primeira instancia, na PLATAFORMA ONLINE FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 9ª curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017″.
A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.