X Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros activa a décima e derradeira convocatoria da temporada para a formación online en iniciación dirixida a novos árbitros e oficiais de mesa.

A Programación 2017 – 2018 dos Cursos “On Line” CGAB pecháse con esta última oportunidade, posta en marcha de xeito paralelo aos cursos prensenciais que se están a realizar por toda Galicia.

Marcado para iniciarse o vindeiro 2 de abril, e con continuidade os días 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 dese mesmo mes, o Comité Galego de Árbitros impartirá este 10º curso a través da Plataforma Online FGB, ofrecendo no transcurso do mesmo unha programación de carácter teórico que afondandará nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo,acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación e mecánica arbitral.

Inscrición e requisitos

O prazo de inscrición desta convocatoria permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de marzo, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar dentro da mesma a subscrición no “10ª curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa”.

A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram