IV Xornadas de Didáctica e Formación no Baloncesto

O ciclo de ensinanza deportiva de baloncesto do IES Bouza Brey organiza un ano máis o seu clínic. A cita será os días 25 e 26 de maio no Pavillón Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía)

A actual edición servirá como aperitivo ao XIV Campionato de España Cadete Masculino, que se celebrará entre o 27 de Maio e o 2 de xuño entre a propia Vilagarcía de Arousa e Marín. 

Por cuarta ocasión consecutiva, dende o Ciclo de Baloncesto do IES Bouza Brey ofrécese a posibilidade de poder participar nas súas Xornadas Formativas, actividade co Baloncesto como epicentro e que agrupará a un atractivo cartel de expertos e profesionais de permanente actualidade: Porfirio Fisac, actual adestrador do Fuenlabrada; Moncho Fernández, ao temón do Obradoiro; Carlos Colinas, adestrador do Celta de Vigo de Liga Femenina; Lluis Arbalejo, Director Técnico e adestrador do C.D. ALCÁZAR de Mahón (Menorca); e Víctor Pérez, axudante de Moncho no Obradoiro;

Todos eles darán vida a un programa que se pode descargar aquí. Nel especifícanse horarios e sedes de cada charla.

Doble vía para a inscrición
A participación nestas IX Xornadas poderá facerse efectiva a través de dúas vías:

Profesores e mestres da Xunta de Galicia

A través da ligazón que aquí se achega poden consultar polo miúdo os detalles da súa participación.

Adestradores e Afeccionados

A súa inscrición realizarase baixo pago dunha cuota de 10 euros na conta 2080-1073-32-3040002470. Os documentos acreditativos deste ingreso deberán remitirse a o enderezo cursobaloncesto@gmail.com.

Os adestradores que estean a realizar os Cursos de I e II Nivel da Federación Galega de Baloncesto poderán validar a súa presenza nestas IV Xornadas de Formación por un total de 8 horas.

IV Xornadas de Didáctica e Formación no Baloncesto – Programa Completo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram