“IV Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”

A “Harmonización” regresa este domingo, 21 de febreiro; á dinámica FGB e faino activando a súa IV edición co Minibasket, de novo, como máximo protagonista.

A fórmula xa coñecida da “Xornada de Harmonización”, unha aposta da área deportiva FGB por abordar o minibasket dende todas as súas perspectivas, renace cunha nova convocatoria este domingo, 21 de febreiro.

As instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, perfectas para esta cita de carácter múltiple e simultáneo; acollerán o plan de traballo desta IV Harmonización, a cal tratará as facetas didáctica, competitiva e metodolóxica do baloncesto base.

Así, e repartindo protagonismo entre maiores e máis novos, todos os convocados a ser parte activa da cita do domingo afrontarán a seguinte axenda:

Adestramentos de tecnificación

10:00 h – 11:30 h Centro de Tecnificación (CETI) 2005.

11.00 h – 12:30 h Centro de Tecnificación (CETI) 2006.

12.30 h – 14:00 h Centro de Tecnificación (CETI) 2007.

Adestramentos Seleccións Galegas Minibasket

11:30 h – 13.30 h (masculina e feminina)

16:00 h – 18:00 h (masculina e feminina)

Charla Coloquio 

11:45 h: Charla Coloquio dirixida as pais e titores de todos os deportistas presentes, así como a todos aqueles adestradores que participen desta xornada.

Relatores:

Rubén Domínguez (Psicólogo Deportivo e Adestrador A.D. Cortegada LF2).

Leticia Fernández (Responsable Área de Saúde FGB).

Diego Domínguez (Árbitro CGAB – Grupo 2 FEB).

Ana Román (Xogadora C.B. Arxil LF2).

Jesús Lázare (Presidente de Club Estudiantes Lugo).

Nos documentos que achegamos remitirmos os datos dos xogadores e xogadoras que, baixo convocatoria previa e pechada, integrarán cada Centro de Tecnificación.

CETI 2007 – Feminino
CETI 2007 – Masculino
CETI 2005 – Masculino
CETI 2006 – Masculino
CETI 2005 – Feminino
CETI 2006 – Feminino
CETIs: equipo de traballo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram