IV Torneo solidario “Encesta un alimento”

O Club Baloncesto Nigrán está xa inmerso na organización da IV EDICIÓN DO TORNEO SOLIDARIO ENCESTA UN ALIMENTO que se desenvolverá no CPI Panxón os vindeiros días 22 e 23 de decembro. Máis de 50 equipos xa confirmaron a súa asistencia ao evento. Trátase do torneo máis grande organizado por este club de baloncesto nigraniense, unha cita que encherán o Pavillón do Colexio de Panxón durante dous días.

Preto de 600 nenos e nenas gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que terán ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores e xogadoras que participen aportarán un alimento non perecedeiro, do mesmo xeito que poderá facer o público asistente. Posteriormente, no acto de clausura do torneo, farase entrega da totalidade dos alimentos recollidos ao BANCO DE ALIMENTOS co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas.

Desde a categoría baby ata a categoría cadete, pasando polas categorías preminibasket, minibasket e infantil, tanto masculino, feminino como mixto, desfilarán polo pavillón ao longo do venres 22 e sábado 23 para disputar diferentes partidos e compartir unha xornada de deporte, convivencia e festa .

A dirección dos encontros corretá a cargo de colexiados do Comité Galego de Árbitros, que participa de xeito voluntario e desinteresado, do mesmo xeito que fixo en edicións pasadas. Ademais dos duelos deportivos, realizásense tamén sorteos de diferentes agasallos entre todos os asistentes.

O Club Baloncesto Nigrán conta e valora na organización deste evento a colaboración de Federación Galega de Baloncesto, CPI de Panxón e Obra Social “la Caixa”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram