IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”: Resultados

Consulta, a continuación, os resultados do IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”, competición amigable que se celebra na vila de Marín baixo a organización de Concello de Marín e Marín Peixegalego. 

IV TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBASKET “CONCELLO DE MARÍN”

Minibasket Masculina (Pavillón Sequelo)

16832310 1569260573101951 7152349946792222814 n

25/02/17

10:00 h Castilla León – Asturias (73 – 22)

12:00 h Galicia – Euskadi (Fegaba Tv) (83 – 58)

Boa posta en escena da selección alevín masculina no seu primeiro partido ante Euskadi. A selección mantería durante todo o partido unha alta intensidade defensiva, acompañada dun bo ritmo ofensivo con acertado movemento de balón, o que iría propiciando que a distancia no marcador fose crecendo a medida que o encontro avanzaba.

17:00 h Galicia – Castilla León (Fegaba Tv) (71 – 77)

Intenso partido o vivido o sábado pola tarde entre ambas as selección. Ningún equipo conseguiría distanciarse no marcador durante os primeros períodos. Nos intres finais, a vitoria decantaríase para os visitantes gracias ao acerto exterior no tiro, convertindo dúas triplas vitais nos derradeiros minutos de xogo.

19:00 h Euskadi – Asturias (74 – 66)

26/02/17

10:00 h Euskadi – Castilla León (53 – 79)

12:00 h Asturias – Galicia (Fegaba Tv) (37 – 84)

O duelo galego – astur empezaría con menos ritmo que os dous anteriores desputados polo equipo de Javier Cortelo, ainda que, pouco a pouco, Galicia iría aumentando o ritmo e a intensidade defensiva en todo o campo, e con isto a diferencia no marcador.

 

Minibasket Feminina (Pavillón San Narciso)

IMG-20170225-WA0001

25/02/17

10:00 h Castilla León – Asturias (68 – 38)

12:00 h Galicia – Euskadi (Fegaba Tv) (57 – 6)

Bo inicio de partido para a selección galega no primeiro encontro contra Euskadi. As galegas empezaron cunha gran intensidade defensiva desde o primeiro minuto, á que se lle sumou un bo movemento de balón e facilidade para anotar. Isto provocou unha gran diferenza no marcador, marxe que souberon xestionar ao longo de todo o encontro. 

17:00 h Euskadi- Asturias (63 – 57)

19:00 h Galicia – Castilla León (Fegaba Tv) (70 – 60)

Durante todo o encontro o rival soubo aproveitar ben o seu físico, superior ao galego. A Igualdade reinou no electrónico ata os últimos oito minutos, tempo no que o equipo de Fernán Varela conseguiu abrir diferenza poñendo maior intensidade na defensa.

26/02/17

10:00 h Euskadi – Castilla León (57 – 68)

12:00 h Asturias – Galicia (Fegaba Tv) (54 – 57)

Encontro moi igualado onde as galegas non saíron coa intensidade amosada nas anteriores citas deste Torneo. Tras o descanso Asturias regresaba máis intensa, conseguindo darlle a volta ao marcador e impoñéndose ás galegas, que seguían sen atoparse cómodas. Non obstante, Galicia deu un paso de madurez, confiando no seu equipo e en que o podían acadar xuntas.

O partido non se resolveu ata os últimos compases, onde as galegas conseguiron atacar con fluidez e, con boas defensas, sacar da súa zona de confort ás asturianas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram