IV Edición das Ligas Minibasket 3X3 Comarca dos Ancares

O Pavillón Municipal de Becerreá acolle este sábado, 1 de xuño; a IV Edición das LIGAS MINIBASKET 3X3 COMARCA DOS ANCARES, organizadas polo Club Baloncesto Becerreá en colaboración co Concello de Becerreá, co Programa Xogade da Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Baloncesto, Estudiantes de Lugo e Supermercados Gadis.

Nesta xornada tomarán parte máis de medio cento de rapaces pertencentes aos Concellos de Navia de Suarna, San Román de Cervantes, Becerreá e aos Concellos bercianos de Camponaraya e Villafranca do Bierzo. Todos competirán nun sistema de 3×3 nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

O horario de comezo da actividade será o das 10.00 h da mañá, estendéndose ata as 15.00 h e configurando a que será unha mañá completa de realce do Baloncesto para os máis novos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram