IV Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

Aberto o Prazo de Inscrición para o IV Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa.

Marcado para celebrarse entre os días 12 e 16 do presente mes de novembro, ambas datas incluídas; a cuarta convocatoria da temporada para os cursos “online” do CGAB toma como ferramenta base o Campus formativo “online” FGB para, a través do mesmo, e coa máxima felxibilidade temporal posible, ofrecer aos alumnos os conceptos base das tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo,acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación e mecánica arbitral.

O proceso necesario para solicitar a inscrición neste IV Curso é o seguinte:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Tramitar rexistro de alta na “Plataforma online FGB” e, posteriormente, unha vez validada esta; solicitar a subscrición no curso correspondente: “3º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa 2018 – 2019”.

Para completar o mesmo ou resolver dúbidas en torno á dinamica do curso permanece aberta unha liña de contacto coa propia FGB vía cursos.online@fegaba.com.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram