IV Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Caínzos”

Club Baloncesto Cambre mantén aberto o prazo de inscrición dunha nova edición do seu Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Caínzos”. Por cuarto ano consecutivo, o club coruñés activa esta convocatoria, que este ano terá lugar no Pavillón Municipal de O Temple entre os días 11 e 15 de xullo, ambos inclusive; en horario de mañá (de 09:00 h a 15:00 h) e dirixido a xogadoras e xogadores nados entre 1998 e 2002 (Grupo A) e entre 2003 e 2004 (Grupo B).

Neste IV Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Caínzos” a totalidade de sesións de traballo estarán dirixidas por Antonio Pérez Caínzos, un dos grandes referentes en canto ao desenvolvemento técnico-táctico en España e actual adestrador do CB Clavijo – Cocinas.com en LEB Oro. O adestrador ferrolá contará coa colaboración de Rubi Vázquez, o seu axudante no club rioxano.

Inscrición

Todos os interesados en formalizar la inscrición deben facelo vía correo electrónico, remitindo a clubbaloncestocambre@hotmail.com a seguinte documentación: folla de inscrición cumprimentada e xustificante bancario. A información sobre cotas de inscrición e posibles descontos pode consultarse na web do propio club anfitrión http://www.clubbaloncestocambre.com/

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram