IV Campus de Nadal A.D. Cortegada

A AD Cortegada organizará os próximos días dous, tres e catro de xaneiro a 4ª edición do seu Campus de Nadal, dirixido aos máis novos practicantes do baloncesto, aqueles nados a partir do ano 2002. O evento realizarase no Pavillón de Castelao e contará con monitores deportivos titulados que afondarán cos xogadores e xogadoras os diferentes conceptos de mellora técnica.

A actividade oferta tres modalidades de asistencia: mañás, tardes e día completo con comida, desfrutando as xogadoras do AD Cortegada dun desconto especial se participan desta última.

Inscrición
Para formalizar a inscrición neste “IV Campus de Nadal” é preciso cubrir o formulario oficial (que se achega xunto a esta información), indicar a modalidade de asistencia escollida e realizar o ingreso económico en función da mesma. Todo este proceso a seguir debe acompañarse do posterior envío do díptico correspondente á dirección ricardo@adcortegada.es, onde a inscrición será validada.

Validación Formativa
A.D. Cortegada abre tamén aos adestradores galegos a posibilidade de participar como monitores neste “IV Campus de Nadal”. Esta opción conta coa aliciente da súa validación por OITO HORAS de formación para todos aqueles alumnos dos actuais cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB que tomen parte íntegra da actividade.

IV Campus de Nadal A.D. Cortegada – Díptico

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram