IV Campus de Baloncesto “Chiquibasket ARES”

O Concello de Ares está a celebrar ao longo desta semana o IV campus de Baloncesto “Chiquibasket ARES”.

Posto en marcha o pasado día 2 e ata o día 10 deste mes desenrólase a cuarta edición do campus de baloncesto, na localidade de Ares, co obxectivo de iniciar aos nenos e nenas mais novos no deporte do Baloncesto e aos que xa o practican unha labor de perfeccionamento.

O adestrador galego Chiqui Barros e o encargado de levar a cabo toda a labor formativa nas actividades de Baloncesto.

Os mozos e mozas participan divididos en dous grupos, un de Baloncesto e outro de Minibasket, alternando este deporte con outros como volei-praia, vela e paseos en bicicleta

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram