Intercambio Arbitral Autonómico no marco do “II Torneo de Seleccións Minibasket”

O Comité Galego de Árbitros será peza importante do “II Torneo de Seleccións Minibasket”, a celebrar en Narón esta fin de semana (14 e 15 de febreiro).

Encabezado polo seu Director Técnico, Miguel Á. Pérez; e o Coordinador Autonómico; Fran Guilamet; e o técnico, Luis Balboa; catro colexiados galegos do Grupo 1, compartirán designacións de partidos e análise posterior aos mesmos con dous árbitros chegados de Euskadi e outros dous compañeiros que viaxan coa expedición de Castela e León.

Ana Blanco, Santiago de La Puerta, Diego Collazo e Javier Villar son os catro representantes galegos que formarán parte desta nova xornada técnica do CGAB, especial neste caso pola indicada presenza de representantes doutros Comités Autonómicos cos que intercambiar traballo e experiencias.

“II Torneo de Seleccións Minibasket” – Designacións CGAB

PAVILLÓN A GÁNDARA
CATEGORÍA MINI MASCULINA

14 de febreiro de 2015:

10:00 h: Galicia-Castela León (Núñez – Blanco)

12:00 h: Euskadi-Fedesa Rosalía (Pérez – De la Puerta)

17:00 h: Galicia-Euskadi (Collazo – Borrego)

19:00 h: Castela León-Fedesa Rosalía (Villar – Larrañaga)

Domingo 15 de febreiro de 2015:

10:00 h: Euskadi-Castela León (Núñez – Borrego)

12:00 h: Galicia-Fedesa Rosalía (Villar – Collazo)

PAVILLÓN A SOLAINA
CATEGORÍA MINI FEMININA

14 de febreiro de 2015:

10:00 h: Galicia-Euskadi (Borrego – Villar)

12:00 h: Castela León-Basquet Coruña (Larrañaga – Collazo)

17:00 h: Galicia-Castela León (De la Puerta – Núñez)

19:00 h: Euskadi-Basquet Coruña (Blanco – Pérez)

 

15 de febreiro de 2015:

10:00 h: Euskadi-Castela León (Pérez – Larrañaga)

12:00 h: Galicia-Basquet Coruña (De la Puerta – Blanco)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram