Intenso fin de curso na Escola Galega de Árbitros

A Escola Galega de Árbitros completa o seu ciclo formativo. Na tarde deste venres, 27 de maio; a xa coñecida como ESGAR celebra a súa última sesión didáctica do curso 15 – 16, de novo nas instalación do colexio San José de Cluny, en Compostela.

Os colexiados convocados a participar desta derradeira reunión no ámbito ESGAR repasarán, da man de Miguel Ángel Pérez e Jacobo Rial; os aspectos fundamentais de mecánica e técnica de arbitraxe nos que afondaron durante toda a temporada.

Posteriormente, nunha segunda parte, recibirán a visita do Director Deportivo FGB; Carlos Colinas; que impartirá unha charla práctica sobre construcións defensivas básicas e respostas ante accións comúns do ataque.

Xuño, peche de temporada

O presente curso 15 – 16 da Escola Galega de Árbitros porá o seu broche final cunha novidosa iniciativa final, a celebrar durante a Fase Minibasket e Preminibasket da Liga FGB.

Os alumnos e alumnas ESGAR que superen o curso participarán nesta cita deportiva outorgándolle ademais un compoñente lúdico e de convivencia ao compartir, durante dous días, unha experiencia formativa a modo de campus de final de etapa. Xunto a eles baixarán tamén á cancha nesta actividade os árbitros CGAB de ámbito internacional e FEB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram