Inscripcións definitivas nas Ligas 1ª División Senior Masculina, 1ª División Autonómica Feminina e 2ª División Masculina

O día 9 de agosto ás 13:00 horas rematou o prazo establecido para cubrir as vacantes e completar así as distintas ligas sénior autonómicas.

Unha vez rematado o prazo concedido para cubrir as vacantes existentes nas distintas ligas sénior, estas quedan da seguinte forma:

A 1º División Sénior Masculina disputarase esta temporada con 13 equipos xa que non se cubriron a totalidade das prazas vacantes, ocupando dúas delas o Recimil e o Estudiantes Leyma Natura.

A 1º División Autonómica Feminina contará con once equipos, cubrindo unha das dúas vacantes existente o Maristas Coruña.

A 2º División Sénior Masculina non cubriu a totalidade das vacantes, polo que serán 22 os equipos inscritos para esta temporada. Así os equipos Cruz Alta, Carballo Basket e O Grove participarán nesta tempada na citada categoría.

Na circular que se achega pódense comprobar todos os equipos inscritos para esta nova temporada.

Cicular nº10: Inscripcións definitivias

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram