Inscricións oficiais: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete e Infantil

Rematado o prazo de inscrición este xoves, 30 de xullo; a FGB comunica, vía circular oficial, os listados de equipos que presentaron a súa solicitude nas categorías de: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete, e Infantil masculinas e femininas.

 

Así mesmo, esta Federación notifica a cifra de prazas vacantes rexistradas en cada unha desas competicións e a referencia dos equipos cuxa documentación permanece incompleta.

Nas circulares 9 e 10, emitidas este venres 31 de xullo, dáse conta desta información ao completo. Ambas poden consultarse xa no apartado Circulares desta mesma web ou nos escritos que a continuación se achegan.

circular nº 9: inscricions 1ºDiv Masc, 1º Aut. Fem, 2º Div Masc
circular nº 10: inscricions 1º Div Junior, Cadete e Inf Masculinas e Femininas

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram