Rematado o prazo de inscrición este mesmo luns, 31 de xullo; ás 13.00 h; a Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circulares oficiais, os listados de equipos que presentaron a súa solicitude nas categorías de: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete, e Infantil masculinas e femininas.
Igualmente, co mesmo formato, dase conta das inscricións recibidas para as Fases Clasificatorias Júnior, Cadete e Infantil.
A Federación Galega notifica tamén a cifra de prazas vacantes rexistradas en cada unha das competicións anteriormente indicadas, así como a referencia dos equipos cuxa documentación permanece incompleta.
Circular Nº09 – 31/07/17: Inscricións Equipos 1º División Júnior, Cadete e Infantil 2017 – 2018