Curso de Iniciación Arbitral FGB - USC
A Universidade de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto impulsan un curso de iniciación á Arbitraxe Federada en Baloncesto para o seu alumnado do Campus de Lugo.
A institución académica e a deportiva activan esta formación pioneira que permitirá ao alumnado da USC entrar a formar parte do mundo da arbitraxe en Baloncesto no ámbito federado. A participación no curso poderá validarse por un total de 2 creditos ECTS.
A través do curso o alumnado entrará en contacto coas bases do traballo dos árbitros e oficiais de mesa: Regras de xogo, mecánica, sinalización e funcións específicas dos oficiais de mesa.
O profesorado está composto por árbitros e oficiais de mesa con ampla traxectoria e ligazón co Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, a Federación Española de Baloncesto, a ACB e FIBA.
CARGA LECTIVA
Total: 62 horas
– Parte teórica on line: 12 horas.
– Parte Práctica en pista: 4 horas.
– Avaliación dos coñecementos: 2 horas.
– Prácticas en partidos reais: 44 horas.
PRAZOS DE INSCRICIÓN
Do 17 de novembro ao 27 de outubro.
Este prazo permanecerá tamén dispoñible para todas as persoas interesadas en formase na arbitraxe, sexan ou non alumnado da USC.
COTA DE INSCRICIÓN
O Curso de Iniciación CGAB – USC ten unha cota de inscrición de 100 euros. Inclúe seguro deportivo obrigatorio, licencia e uniformidade.
As prácticas serán remuneradas e reintegrarán, como mínimo, o custe do curso.
O ingreso da cota debe realizarse na seguinte conta bancaria: ES27 2100 1455 11 0200136257
O xustificante deberá enviarse xunto ao formulario de inscrición.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN