Iniciación “on line” á arbitraxe: nova convocatoria en novembro

Nova oportunidade para achegarse á formación “on line” para a iniciación na área da arbitraxe. O Comité Galego de Árbitro convoca un novo curso destas características, cuxo inicio está marcado para o vindeiro 5 de novembro e terá lugar ao longo de 10 xornadas: 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13, 14, 17 e 18 de novembro. 

Co único requisito para os alumnos de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta convocatoria “on line” todas as facilidades posibles.

A través dun total de 14 horas de aulas virtuais, distribuídas en quendas horarias de mañá ou tarde, os interesados poderán coñecer polo miúdo as bases da faceta arbitral e do traballo de oficiais de mesa, ámbito do que pasarán a formar parte unha vez superen o curso.

Contando coa titorización axeitada durante todo o percorrido do curso, o CGAB ofrece unha plataforma na que adaptar a aprendizaxe a flexibilidade horaria que os alumnos demanden, seguindo as materias da programación oficial: regras de xogo, anotador, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral.

Inscrición
Aquelas persoas interesadas en ser parte desta nova cita coa formación “on line” do CGAB dispoñen de dúas vías para tramitar a súa inscrición: o enderezo electrónico arbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

Salientar que o Comité Galego de Árbitros establece en 20 o número mínimo e indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada curso. En caso de non rexistrarse esa cifra, non se levará a cabo a actividade.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram