Inaugurado o palmarés das Ligas FGB 2012 – 2013

A desta fin de semana foi unha xornada de recoñecemento para os primeiros campións e subcampións de liga desta temporada, os correspondentes ás categorías júnior e a Segunda División Sénior Masculina:

Seis do Nadal Coia proclamouse campión nun duelo ante C.B. Arteixo, que foi definitivo para o título da Segunda División Sénior Masculina, disputado a ida e volta. Os vigueses impuxeron a súa superioridade sobre a pista e, co asubío final dos colexiados, rubricaron o dominio na Liga. O seu foi un trunfo cuxo trofeo acreditativo lles entregou o vicepresidente primeiro da FGB, Alberte Zato.

A gratitude para co subcampión, C.B. Arteixo, non faltou e chegou tamén das mans do mandatario Federativo.

A xornada proseguiu a súa particular festa na categoría júnior, a cal rematou a súa andaina nesta 2012 – 2013 coroando na cima da clasificación a Estudiantes de Lugo en masculino e Real Club Celta en feminino.

Os lucenses culminaron a súa boa traxectoria cunha copa de campións que recibiron por parte do presidente FGB, Francisco Martín. Pola súa banda, no apartado feminino, as xogadoras do R. C. Celta celebraron un traballado título, que despregou as maiores caras de ledicia entre todas as integrantes do equipo.

Coas estampas de cada un dos novos campións coas súas copas, así como co recoñecemento aos subcampións de cada categoría, abrimos o palmarés e a galería de imaxes das ligas 2012 – 2013.

Segunda División Sénior Masculina
Campión: Seis do Nadal Coia
Subcampión: C.B. Arteixo

fgbIMG 3279

Liga FGB Júnior Masculina
Campión: Estudiantes de Lugo
Subcampión: Marín Peixegalego

Liga FGB Júnior Feminina
Campión: Real Club Celta
Subcampión: Compañía de María Vigo

la foto 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram