III Xuntanza de Seleccións Zonais: o minibasket, referente da tecnificación

A Área Deportiva FGB afronta decembro repleta de traballo. A chegada do derradeiro mes do ano iníciase cargada de actividades, establecéndose a III Xuntaza de Seleccións Zonais Minibasket como primeira neste particular calendario.

A celebrar emañá, sábado 6 de decembro; en Santiago de Compostela (Pavillón de Restollal); esta reunión de xogadores e xogadores en idade minibasket e pertencentes ás sete delegacións zonais FGB configúrase como unha nova oportunidade de realizar traballo de seguimento, tecnificación e avaliación a nivel autonómico.

160 participantes chegados de diferentes puntos da nosa xeografía, representarán na pista ás delegacións zonais FGB, disputando encontros de carácter amigable e sen función competitiva.

16 equipos, con presenza para A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa, Ourense e as divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte e Sur (feminino); están citados para dar vida a un calendario previamente establecido. No pavillón do Restollal agardan xa 24 encontros, tres pistas de xogo a pleno rendemento e toda unha xornada de convivencia.

A orde e configuración de xogo nesta Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket, así como os combinados de xogadoras, xogadores e adestradores designados polos responsables técnicos de cada delegación poden consultarse nos documentos que se achegan.

Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket – Calendario
Delegación Arousa: 06/12/14
Delegación A Coruña: 06/12/14
Delegación Lugo: 06/12/14
Delegación Ferrol: 06/12/14
Delegación Lugo – A Mariña: 06/12/14
Delegación Ourense: 06/12/14
Delegación Santiago: 06/12/14
Delegación Vigo: 06/12/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram