III Xornadas de Tecnificación Escola de Baloncesto GALEN

A Escola de Baloncesto Galén, en colaboración con Porta XI Ensino, C.B. Breogán e a propia Federación Galega de Baloncesto, propón para estas datas de Nadal unha alternativa de aprendizaxe deportiva a través das súas “III Xornadas de Tecnificación”, dirixidas a xogadores e xogadoras a partir dos 12 anos.

Levarase a cabo os días 22, 23, 24 e 26 de decembro, en horario de 11:00 h a 14:00 horas, no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Nesta sede realizarase traballo individual e en grupos, formando estes en virtude da idade. Así mesmo, como novidade, levaranse a cabo nesta terceira edición adestramentos específicos orientados á recepción e finalización en distintas posicións.

Serán, en total, tres horas diarias, durante catro días, para exercitar a técnica e a táctica individual sen esquecer a importante componente lúdica do xogo.

Estas bases, e outros detalles máis concretos desta actividade, así como os requisitos precisos para realizar a inscrición, poden consultarse a través do enderezo web escolabaloncestogalen.blogspot.com ou con correo vía mail a escolabaloncestogalen@gmail.com.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram