III Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín”

As Seleccións de Minibasket de Castilla León, Asturias e Euskadi serán as convidadas por Galicia para a desputa, xunto a ela, do III Torneo de Seleccións “Concello de Marín”, a celebrar nesta vila pontevedresa os vindeiros 7 e 8 de febreiro.

A terceira edición desta competición, promovida pola Federación Galega de Baloncesto, visita Marín por primeira vez, tras un periplo que empezou no 2014 en Ribadeo e recalou en Narón no pasado ano.

Esta mesma mañá, co apoio de diferentes personalidades do propio Concello e da FGB, así como coa visita sempre atractiva de Fernando Romay, padriño do evento; presentáronse na casa consistorial de Marín os detalles da cita, que xa ten mobilizados todos os seus activos organizativos.

cartel bueno

O Presidente FGB, Francisco Martín; acompañado neste acto por María Ramallo, alcaldesa de Marín; e representantes do club local, o Peixegalego; deu a súa calurosa benvida a unha nova etapa deste Torneo e agradeceu o elevado compromiso para co mesmo tanto do Concello como do club e da Deputación de Pontevedra.

Calendario
Este III Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” comprenderá dous xornadas de xogo, repartindo as súas dúas categorías, masculina e feminina, nos Pavillóns de Sequelo e A Raña do seguinte xeito:

Minibasket Masculina 

Pavillón Sequelo – 07/02/16

(10:00 h) Galicia – Castilla León

(12:00 h) Euskadi – Asturias

(17:00 h) Galicia – Euskadi 

(19:00 h) Castilla León – Asturias 

Pavillón Sequelo – 08/02/16

(10:00 h) Euskadi – Castilla León

(12:00 h) Galicia – Asturias

Minibaket Feminina 

Pavillón Municipal A Raña – 07/02/16

(10:00 h) Castilla León – Asturias

(12:00 h) Galicia – Euskadi

(17:00 h) Euskadi – Asturias

(19:00 h) Galicia – Castilla León

Pavillón Municipal A Raña – 08/02/16

(10:00 h) Euskadi – Castilla León

(12:00 h) Galicia – Asturias

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram