Federación Galega de Baloncesto e Concello de Marín, coa colaboración de Club Peixegalego, darán vida este domingo e luns, 7 e 8 de febreiro, á terceira edición do “Torneo de Seleccións Minibasket”, cita preparatoria do Campionato de España da categoría.
Durante estas dúas datas, competirán na vila pontevedresa as PreSeleccións Minis de Castilla León, Asturias, Euskadi e, por suposto, a propia Galicia, todas convidadas polo Concello local a desfrutar do Basket.
Nos seguintes documentos damos a coñecer a relación de xogadores e xogadoras convocadas por cada Comunidade Autónoma, destacando as listas galegas, cuxos integrantes masculinas chegarán a Marín un día antes para realizar sesión de adestramento.
Xornada Técnica CGAB
A terceira edición do Torneo contará co apoio do Comité Galego de Árbitros no apartado da dirección dos encontros. O colexio arbitral autonómico contará en Marín con oito colexiados designados para a ocasión, na que ademáis serán parte de dúas xornadas de convivencia e traballo ao cargo do Coordinador Zonal CGAB, Fran Guillamet; e do colaborador técnico, José L. Estévez Caamiña.
Árbitros Participantes:
Grupo 1 CGAB
Adrián Alvarez
Laura Piñeiro
Iván Escariz
Andrés Esteban
Martín Trasancos
Javier Villar
Grupo SUB 23
Pablo Gil
Bernardino Pardo
Información Completa III Torneo Seleccións Minibasket “Concello de Marín”
Preselección Galega Minibasket Feminina: 07- 08/02/16
Preselección Galega Minibasket Masculina: 07- 08/02/16
Euskadi Minibasket Masculina: 07- 08/02/16
Euskadi Minibasket Feminina: 07- 08/02/16
Asturias Minibasket Masculina: 07- 08/02/16
Asturias Minibasket Feminina: 07- 08/02/16
Castilla León Minibasket Masculina: 07- 08/02/16
Castilla León Minibasket Feminina: 07- 08/02/16
III Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” – Calendario