III Torneo C.B. Irmandiños

No evento daranse cita oito clubs de baloncesto procedentes de Ferrol e doutros municipios de Galicia: C.B Irmandiños, Universitario Ferrol, Pontumio, Ferrol C.B, Celtas de Foz, C.B Culleredo e Sigaltec BBC de Vilagarcía de Arousa.

O torneo disputarase nas categorías de escola, mini-basket, infantil e cadetes; e ademais haberá concursos de habilidade e de tiro por idades. Os equipos recibirán un trofeo pola súa participación e tamén haberá premios e agasallos para todos os xogadores. 

O Club Baloncesto Irmandiños celebra esta fin de semana, 23 e 24 de marzo, a terceira edición do seu torneo de baloncesto, no que se darán cita máis de 160 mozos deportistas pertencentes a oito clubs procedentes de Ferrol, Pontedeume, Foz, Vilagarcía de Arousa e Culleredo. O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde no pavillón municipal do CEIP de Esteiro, e nas categorías de escola, mini-basket, infantil e cadete.

Na xornada inaugural do torneo, sábado 23, disputaranse os partidos de escola e mini-basket, coa participación dos respectivos equipos en cada unha destas categorías de A.D Esteiro-C.B Irmandiños, Universitario Ferrol, Pontumio e Ferrol C.B. Ao día seguinte, domingo 24, tocaralles a quenda ás categorías infantil e cadete. Na primeira, o equipo anfitrión do

Masajes Fernanda-C.B Irmandiños medirase ao C.B Culleredo e a Sigaltec BBC de Vilagarcía de Arousa; mentres que na competición de cadetes enfrontaranse as escuadras do C.B Irmandiños, Celtas de Foz e Sigaltec BBC. Haberá trofeos para todos os equipos e, ademais, durante o torneo celebraranse diferentes concursos de habilidade e tiro con premios e agasallos para todos os participantes.

O C.B Irmandiños entende este torneo como unha ocasión para facer amigos ao mesmo tempo que se practica unha actividade física e gózase xogando ao baloncesto. Así, tanto o sábado como o domingo celebrarase un picnic-comida gratuito para os compoñentes dos clubs que asistirán a este evento.

Para rematar, o C.B Irmandiños quere agradecer a colaboración das institucións e da iniciativa privada que colaboran neste III Torneo: Concello de Ferrol, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a propia Federación Galega de Baloncesto; así como as empresas Gadis, Coca-Cola e Termiset.

logo baja rosaleda

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram