Cita fóra das nosas fronteiras para o baloncesto galego de formación. A localidade portuguesa de Anadia celebrará este venres e sábado, 28 e 29 de decembro; o III Torneio Internacional Aveiro x Porto – Sub 16, no que tomarán parte dous Combinados FGB da xeración 2004.
Grazas á invitación das asociacións organizadoras: Associaçao de Basquetbol de Aveiro e Associaçao de Basquetbol de Porto; os nosos dous equipos compartirán xogo en categoría feminina con AB Porto, AD Vagos Sub19 e AB Aveiro. E farano en masculina, de novo con AV Porto e AB Aveiro, e coa Seleccións de Castilla León.
O calendario do Torneo, que será EMITIDO EN DIRECTO vía ABATV, comprende os seguintes enfrentamentos:
III Torneio Internacional Aveiro x Porto – Feminino
Xornada 1 – 28/12/2018
(15.00 h) AB Porto – AD Vagos Sub19
(17.00 h) AB Aveiro – AD Vagos Sub19
(19.00 h) AB Porto – Galicia 2004 (77 – 76)
Xornada 2 – 29/12/2018
(09.30 h) AB Aveiro – Galicia 2004 (40 – 65)
(11.30 h) Galicia 2004 – AD Vagos Sub19 (42 – 67)
(14.30 h) AB Aveiro – AB Porto
III Torneio Internacional Aveiro x Porto – Masculino
Xornada 1 – 28/12/2018
(15.00 h) AB Aveiro – Castilla León
(17.00 h) AB Porto – Galicia 2004 (97 – 77)
(19.00 h) AB Aveiro – Galicia 2004 (97 – 53)
Xornada 2 – 29/12/2018
(10.00 h) AB Porto – Castilla León
(12.00 h) AB Aveiro – AB Porto
(15.00 h) Galicia 2004 – Castilla León (58 – 93)
Galicia 2004 Feminino – III Torneio Internacional Aveiro x Porto
Galicia 2004 Masculino – III Torneio Internacional Aveiro x Porto